Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancelado o concerto Aquí como en Viena da Banda de Ribadeo programado para este martes

Ribadeo, 27 de decembro de 2021. Debido á evolución da pandemia de Covid a asociación Amadores da Música e a dirección da Banda Municipal de Música de Ribadeo decidiron cancelar o concerto Aquí como en Viena, que estaba programado para mañá, martes, no auditorio Hernán Naval.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou: “moi ao noso pesar, a asociación Amadores da Música e a dirección da Banda Municipal de Música de Ribadeo decidimos cancelar o concerto Aquí como en Viena previsto para mañá, debido á situación actual que está atravesando o noso concello. Consideramos que é o máis prudente e o máis lóxico nestes momentos porque o primeiro de todo é a seguridade dos músicos e do público, co cal tomamos esa decisión”.

David Ballester engadiu que “isto non quere dicir que non poidamos celebrar o concerto máis adiante, esperando que esta situación mellore”.

Exit mobile version