Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música de Mondoñedo

Este xoves 16 de decembro ás 20:30 h terá lugar no Auditorio Pascual Vaeiga de Mondoñedo o tradicional conceto de Nadal que cada ano ofrece a Escola Municipal de Música. Nesta ocasión participarán diversas agrupacións dende os máis paquenos, pasando polo grupo de trompetas, a orquestra de cordas, o grupo de vento madeira, o grupo de Jazz, ata o grupo de vento de adultos e o coro, interpretando diferentes panxoliñas e obras de autores clásicos e actuais. A entrada será libre e sen límite de aforo.

Exit mobile version