Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas persoas resultan feridas, unha delas excarcerada, despois de saírse da vía o coche sen carné no que circulaban en Foz

Foz, 21 Decembro, 2021. Dúas persoas resultaron feridas esta tarde ao saírse da vía o coche sen carné no que viaxaban en Cordido, no termo municipal lucense de Foz.

Unha das persoas accidentadas necesitou a axuda dos Bombeiros de Barreiros para saír do vehículo, ao quedar atrapada no interior. Así os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Barreiros excarceraron a un dos ocupantes e, posteriormente, as dúas persoas foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

O accidente produciuse ao fío da unha. Foi, a esa hora, cando unha persoa particular alertou do sinistro ao 112 Galicia.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Barreiros, a Protección Civil de Foz, ao GES de Cervo e á Policía Local.

Exit mobile version