“Costuras” aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador onde a autora se mostra tal como é. Tres colaboracións compoñen o disco: Coas poetisas Antía Otero e Marina Oural e coa cantante catalá Paula Grande. A produción musical a cargo de Olivera Estudi dá un novo aspecto ás creacións de Guadi entrando en campos electrónicos sen esquecer a parte máis orgánica, creando texturas únicas.
Entradas á venda en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/casa-da-cultura-de-burela/13079–guadi-galego-costuras.html