Site icon Crónica3.com A Mariña

Herminia Pernas, cronista oficial de Burela, recibiu no Concello unha medalla conmemorativa como recoñecemento ao seu cargo

Burela, 31 de decembro de 2021. No Concello tivo lugar o acto de entrega dunha medalla conmemorativa á cronista oficial, Herminia Pernas Oroza.

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “onte, xoves, fixémoslle entrega á cronista oficial de Burela, Herminia Pernas Oroza, dunha medalla conmemorativa coa que quixemos recoñecer o seu cargo, ao que accedeu de forma oficial nun acto que tivo lugar o pasado mes de setembro, ingresando ademais na Real Asociación Española de Cronistas Oficiales”.

No acto participaron ademais do alcalde, Alfredo Llano, os concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández e Toñi Eijo.

Exit mobile version