Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro urxe ao equipo de goberno a habilitar zonas para cans

Viveiro, 6 de decembro, 2021. No pleno do 7 de xullo do 2021, aprobábase a moción do BNG para habilitar zonas para cans en praias e zonas verdes de Viveiro.

Debido á urxencia de executar estas medidas, o pasado 13 de xullo socilitabamos por rexistro a “que se dera cumprimento no tempo máis inmediato posíbel implementando as medidas acordadas no pleno.”

En agosto, reitarabamos esta solicitude de habilitar polo menos unha zona de solta de cans debido á gran demanda no verán desta necesidade. Mais pasaron 5 meses e segue sen cumprirse co acordo plenario, e polo tanto, cos deberes da alcaldía sen facer. Máis cando o BNg suxeriu varios posíbeis lugares nos que se poderían habilitar estas zonas de solta de cans.

Polo que a concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, exixirá no vindeiro pleno “explicacións ao goberno do PSOE dirixido por María Loureiro e Suso Fernández, ambos con dedicación exclusiva para traballar pola veciñanza, de como é posíbel que non se aplique esta medida; cando foi aprobada en pleno hai meses, cando parte do traballo xa foi feito polo BNG e cando é tan sinxela de aplicar como elaborar un bando municipal e imprimir uns simples cartaces indicativos.”

Exit mobile version