Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG insta á Xunta a que se implique na execución e desenvolvemento do polígono industrial do Valadouro

O Valadouro, 18 decembro 2021. Na mañá de hoxe o deputado mariñao do BNG Daniel Castro reuníuse cos representantes nacionalistas do Valadouro, que lle trasladaron a situación de boicot e parálise por parte da Xunta á posta en marcha do polígono industrial, algo prioritario para que o concello e a súa zona de influencia poidan dispoñer de solo industrial e comercial.

O tenente alcalde Eduardo Chao e o concelleiro Eliseo Teijeiro incidiron no feito de que a Xunta e o Partido Popular levan unha década dándolle as costas ao concello do Valadouro e a toda a veciñanza neste importante asunto, vital para o desenvolvemento da zona e o asentamento de poboación.

O BNG foi o primeiro grupo político que impulsou o polígono
Recordan os nacionalistas que foi o Bng o primeiro grupo político que impulsou xa hai anos o primeiro proxecto para o polígono, no 2006 desde o goberno da Xunta, cando tiveron a responsabilidade da Consellería de Vivenda e Solo e desde donde se fixo un importante traballo redactando proxectos, axilizando trámites e facendo reunións desde a consellería con alcaldes, empresarios e grupos políticos, todo esto entre os anos 2006 e 2009. “A partír de aí, o PP entra no goberno da Xunta e todo empeza a ser atrancos para O Valadouro, co beneplácito do PP local que nunca esixíu á Xunta o que tiña que esixir para o noso concello e dez anos despois siguen a poñer paus nas rodas a este proxecto, escudándose sempre en temas burocráticos cando a realidade é que nunca quixeron apostar polo Polígono Industrial do Valadouro, pois tempo tiveron” afirmou Eduardo Chao.

Agora que xa hai terreos adquiridos por parte do concello, o Bng desde o Parlamento e por medio do deputado mariñao Daniel Castro vai instar á Xunta á posta en marcha, execución e desenvolvemento do polígono para o que van a solicitar que o IGVS destine os fondos necesarios a tal efecto.

O PP non apoia o desenvolvemento industrial e económico da Mariña nin aposta polo seu futuro

Daniel Castro fixo referencia tamén a que o Partido Popular non admitíu a emenda aos Orzamentos da Xunta 2022 presentada polo BNG na que se pedía esa consignación orzamentaria para o polígono do Valadouro, e votou en contra tamén de emendas semellantes presentadas polos nacionalistas que pedían dotación económica para o parque empresarial de Riotorto e para a 3ª fase do polígono industrial de Barreiros.

No mesmo sentido, o responsable comarcal Antonio Veiga advertíu da nula implicación do Partido Popular coa comarca en temas tan importantes coma o solo industrial, cando nestes momentos o que precisa A Mariña é apoio para o seu desenvolvemento industrial, empresarial e comercial.

Exit mobile version