Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela selecciona a un oficial de primeira albanel

O BOP publica as bases para a contratación como persoal laboral non permanente dun oficial de primeira albanel para a Área de Obras do Concello de Burela, ao abeiro do programa Fomento de Emprego do Plan Único da Deputación. A duración do contrato será de 6 meses. O sistema de selección será o de concurso-oposición. O prazo de presentación de documentación será de cinco días naturais contados a partir de mañá, 18 de decembro. As bases da convocatoria atópanse colgadas no Taboleiro de Anuncios da web do Concello.

Exit mobile version