Site icon Crónica3.com A Mariña

O Correlingua continúa coas actividades de promoción da lingua galega na Mariña

A Mariña, 14 de decembro, 2021. O Correlingua continúa coas actividades de promoción da lingua galega na Mariña. Desta vez, as nenas e nenos de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria de Colexio de Covas de Viveiro disfrutaron da actividade “Xogando cos contos”.

Da man da contadora Fátima Fernández, a rapazada puido disfrutar dunha sesión de xogo e música con fermosos contos na nosa lingua.
O lema do Correlingua neste ano é “Inmunízate co Galego”, e esta iniciativa continúa así coa promoción do uso do galego entre a infancia e a mocidade.

Hai unhas semanas celebrouse en Foz unha festa concerto, que foi a actividade central do Correlingua na provincia de Foz, e contou coa presenza en directo de máis de 300 alumnas e alumnos ademais de 550 nenas e nenos que seguiron os concertos a través das redes sociais.

O Correlingua conta cunha historia de 21 anos e é impulsada pola Mesa da Normalización Lingüística, a Asociación Socio-pedagóxica Galega e a CIG-Ensino e coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Exit mobile version