Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que “deixen de botar balóns fora e asuma as súas competencias en materia industrial” para apoiar aos traballadores de Vestas

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2021. A parlamentaria socialista Patricia Otero reclamou hoxe “a implicación da Xunta a medio e longo prazo” para manter a actividade de Vestas, en Viveiro, logo de que anunciaran o peche de actividade con “evidente mala fe”. Otero presentou unha pregunta oral en Comisión parlamentaria para reclamarlle ao goberno galego que “deixen de botar balóns fora e asuman as súas competencias en materia industrial”.

Sinalou que “por moito que saquen o argumento da transición xusta –que non llelo compra ninguén na comarca cando falan dunha empresa de renovables con actividade e pedidos como Vestas-, precisamos feitos”. Subliñou que “os veciños da comarca e os traballadores da empresa non precisan de máis enganos nin manipulacións nin que terxiversen a realidade” nun caso evidente de deslocalización, senón que o Executivo autonómico “pase das palabras aos feitos”.

Sinalou que “é un problema que debe de resolver a Xunta, máis aló da colaboración e apoio do goberno central”, antes de afearlle ao Executivo autonómico que “para demandar colaboración e lealdade, vostedes son pouco leais coas outras administracións”. Criticou que agora tomen con relación a Vestas a mesma posición que lle criticaban ao goberno central con relación a Alcoa.

Explicou que “non se pode entrar a analizar as causas alegadas pola empresa por estar nun período de consultas, e tampouco se pode falar das ofertas de posibles compradores, xusto o que lle criticaban antes ao Executivo central”. Ademais, dixo, mentres sinalan que a autoridade laboral da Xunta “alega que non pode ir máis aló de requirir documentación”, é certo que “poderían poñerlle o ERE máis difícil a Vestas”.

Neste momento, dixo, os traballadores necesitan apoio para acudir aos tribunais logo de que rematara o período de consultas sen ter chegado a un acordo. O que non necesitan, puntualizou, é un novo enfrontamento da Xunta, que ten deixado sen convocar a Mesa Industrial alegando que o Executivo se ausentaría, aínda que había tiña tres técnicos dispostos a sentarse e cando as competencias son exclusivas do goberno galego.

Manifestación

Otero reclamoulle ao goberno galego que poña en marcha un plan industrial para frear a desindustrialización a comarca, como lle teñen reclamado os veciños e veciñas da comarca a voz en grito na última manifestación con motivo da primeira folga xeral comarcal convocada na Mariña, reclamando infraestruturas, sanidade e industria.

Precisamente, lembrou que o lema daquela manifestación pedía “Futuro para A Maria, industrial, infraestruturas e sanidade”, mentres o PP “derivouno unicamente á situación de Alcoa e Vestas para botar balóns fora e culpar de tódolos males ao presidente do goberno”.

Exit mobile version