Site icon Crónica3.com A Mariña

O Nadal comeza esta fin de semana en Viveiro, co alumeado e co Belén “Viveiro ante o Berce”

Viveiro, 1 de decembro de 2021. O Concello de Viveiro anuncia que esta fin de semana inauguraranse as principais decoracións de Nadal. Dunha banda, o acendido das luces de Nadal será este sábado, 4 de decembro.

Doutra banda, a apertura ao público do tradicional Belén “Viveiro ante o Berce” será este domingo, 5 de decembro ás 12:00 no atrio da Igrexa de Santa María. O Belén permanecerá aberto ata o próximo 13 de xaneiro.

Co obxectivo de evitar aglomeracións, este ano decidiuse non organizar un acto concreto de inauguración do Belén, polo que os visitantes poderán acceder durante todo o día. Igual que na pasada edición, para visitar o Belén habilitarase un percorrido cunha única dirección, co obxectivo de evitar aglomeracións.

Dende o Concello de Viveiro, pídese ás persoas que visiten o Belén nestas datas que respecten as indicacións e o percorrido sinalizado, para evitar acumulacións de xente na zona.

O belén “Viveiro ante o berce” considérase como un dos máis importantes de Galicia, destacando pola súa beleza, a dimensión das súas pezas, a extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.

Dende o Concello de Viveiro, anímase á veciñanza e ós visitantes a achegarse ao municipio para gozar do ambiente de Nadal, sobre todo a partir desta fin de semana co acendido da decoración. Recoméndase tamén achegarse ata o coñecido belén “Viveiro ante o berce”, seguindo as indicacións da visita en todo momento.

Exit mobile version