Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP considera “vergonzosa” a situación do casco histórico de Ribadeo debido á “habitual falta de limpieza”

Ribadeo, 16 de decembro 2021. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, faise eco das queixas de veciños e propietarios dos locais comerciais e hostaleiros do casco histórico pola “habitual falta de limpieza”. A falta dun axeitado baldeo de rúas e colectores provoca, xunto ao mal olor que desprende a rede de sumidoiros e ao estado esvaradío do pavimento, unha situación “vergonzosa” que se incrementa, sobre todo, despois das fins de semana coa presenza de máis lixo.

Sierra explica que “dende hace ya mucho tiempo, desde el Grupo Municipal Popular venimos pidiendo al equipo de gobierno un plan de limpieza viaria que contemple una programación por días para la limpieza y desinfección de contenedores, un baldeo en profundidad de nuestras calles en un horario que no interrumpa el día a día de Ribadeo”.

Mentres que a Xunta de Galicia aporta inversións ao casco histórico de Ribadeo dirixidas á rehabilitación de casas e ao coidado do noso patrimonio; o goberno local do BNG abandona o casco histórico. Así o demostra, segundo Elena Sierra, “con su pasividad a la hora de cuidar y limpiar las calles”. A este respecto, lémbralle que “el trabajo no es hacerse una foto, es hacer algo más como la gestión de la limpieza y velar por un Ribadeo limpio”.

A popular agarda que, nesta ocasión, o goberno local do BNG non volva culpar aos veciños, “como nos tiene dicho en los plenos”. Sierra considera que “antes de culpar a nadie, el gobierno local debe programar un sistema de limpieza eficaz: si hace mucho tiempo se hacía tan bien, puede volver a hacerse. Solo es cuestión de poner voluntad y ganas de trabajar”, indica.

En relación ao casco histórico, de forma concreta, o Grupo Municipal Popular aposta por buscar unha solución consensuada cos veciños e coa corporación municipal e propón un cambio de modelo para a recollida do lixo, buscando unha alternativa aos colectores tradicionais.

Exit mobile version