Site icon Crónica3.com A Mariña

O ‘Ría de Foz’ domina o “II Cross Os Castros”

Foz, 12 de decembro, 2021. O Club de Atletismo ‘Ría de Foz’, en colaboración coa Run Foz Run, organizou, no día de hoxe, o ‘II CROSS OS CASTROS’, nas inmediacións do Centro Cívico de Cangas de Foz.

Ás 11h deron comezo as probas pertencentes ao Cross en idade escolar, que se enmarcan dentro do programa XOGADE, para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Este evento reuniu a todos os clubs, entidades e centros escolares da comarca da Mariña, que afrontaban, así, a súa primeira preparatoria. Destacamos, a seguir, os resultados obtidos polos nosos atletas:

Alevín Feminino: 1º posto para Amelia Carrillo e 2º posto de Amina Bouyzar.
Alevín Masculino: 1º posto de Miguel Diz e 2º posto para Adrián Villapol.
Infantil Feminino: 2º posto para Marina García e 3º posto de Alba Iravedra.
Cadete Feminino: 1º posto de Elena Pumares e 3º posto para Marta Villar.
Cadete Masculino: 1º posto para Xabi Rodríguez.

Paralelamente á primeira preparatoria do Xogade, o Club organizaba a segunda edición do ‘Cross os Castros’. A partir das 12h45 foi a quenda dos atletas absolutos, que percorreron unha distancia de 6K nun circuíto que combinaba á perfección a dureza do campo a través e a beleza das paisaxes de Cangas. A proba contou cun claro dominio dos atletas do ‘Ría de Foz’. Destacamos os seguintes resultados:

Absoluta feminina: 1º posto de Carla Trillo.
Absoluta masculina: 2º posto de Óscar Buján e 3º posto para Simón Río.
Equipos mixtos: 1º posto para o ‘Ría de Foz’.
Equipos femininos: 1º, 2º e 3º posto do ‘Ría de Foz’.
Equipos masculinos: 2º e 3º posto para o ‘Ría de Foz’.

O club agradece, de todo corazón, os diferentes parabéns que lles foron chegando, no día de hoxe, pola organización desta proba. Todos eles resaltaban a beleza da ubicación da proba, a organización e a potencialidade da mesma de cara a acoller, nun futuro, eventos de maior entidade.

Os organizadores non queren esquecer tampouco todas as entidades que axudaron, dunha ou doutra maneira, para que esta proba se puidese realizar. Moitas grazas ao Concello de Foz, Protección Civil de Foz, Policía Local de Foz, Asociación de Veciños de Cangas e ao Bar ‘Os Castros’.

Ademais, agradecen a xenerosidade dos clubs veciños e amigos como o Club de Atletismo de Ribadeo, Peña Lar Viveiro e ao CD Egovarros de Viveiro por colaborar na desmontaxe final do circuíto.

Exit mobile version