Así o fixo Marta Rey, na sesión plenaria celebrada na casa do Concello, na que tamén emprazou ao concello a “mellorar a vixilancia e a limpeza na zona da fonte Cavada, xa que está sendo un lugar habitual de botellón”.
A Voceira da Agrupación Socialista interviu ademais para interpelar ao Goberno Local sobre o estado do traspaso por parte do Ministerio ao Concello, das farolas das rotondas. “Por iso, demandamos que se axilice esta tramitación, xa que o funcionamento das mesmas non é o axeitado neste intres, coa perigosidade que isto conleva. Sobre todo, nesta época do ano e que inclúe un punto neurálxico de afluencia na rotonda de Villaselán, xa que é por onde circulan mais peóns para acceder a casco de urbano e a zona de paseos”.
Marta Rey tamén propuxo crear un bono ou ticket da zona azul para os comerciantes da Praza de Abastos, co fin de evitarlles as molestias de cambiar o ticket cada dúas horas e facilitarlles así a súa xornada laboral. Pero dende o Concello informáronos que xa esta a disposición de tódolos usuarios o aparcamento público.