Site icon Crónica3.com A Mariña

Paros na piscifactoría Insuiña de Xove

Xove, 29 de decembro, 2021. O persoal da piscifactoría que a empresa Insuíña ten en Xove decidiu en asemblea celebrada o pasado mércores 22 levar a cabo accións de protesta para exixirlle o inicio da negociación dun convenio de empresa. A primeira acción terá lugar mañá xoves 29, e consistirá nun paro de dúas horas (de 12:30 a 14:30h).

O Comité de Empresa de Xove, e os delegados de persoal da factoría de Mougás, solicitáronlle por escrito á empresa a principios de ano a constitución da Comisión para a negociación dun Convenio Colectivo de Empresa. A dirección xustificou a non convocatoria pola negociación que se estaba levando a cabo dun Convenio de Acuicultura de ámbito estatal. Pero a pesar de que dita negociación xa se pechou no verán e incluso xa foi publicado no BOE o 5 de decembro, a empresa segue sen convocar a Comisión Negociadora.

O Comité de Empresa convocou folga para este xoves e para o próximo mércores dia 5 de xaneiro, no que o paro será de 3 horas por cada unha das quendas

Exit mobile version