Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación en Ribadeo do último libro de Eva Moreda e Serxio Cobos, ‘Infinito no pé RIBEIRANA’

Ribadeo, 18 de decembro de 2021. A A. C. Francisco Lanza organiza a presentación do último libro da ribadense Eva Moreda e Serxio Cobos, Infinito no pé. RIBEIRANA en Ribadeo. Será o próximo mércores, día 22 deste mes de decembro, na sala de conferencias da Casa El Viejo Pancho.

“Infinito no pé. RIBEIRANA é unha obra a medio camiño entre a narración e o ensaio. Eva Moreda interrógase neste “escrito sobre o pasado” sobre as dificuldades que se nos ofrece para capturar o sentido e sensibilidades das artes transmitidas de forma oral, como neste caso o baile da ribeirana. Non se trata só de describir ou documentar o coñecemento que se ten sobre este baile en particular, tamén indagar na memoria simbólica do movemento e do xestual, dos seus usos rituais, sociais e lúdicos, a súa transmisión no ámbito doméstico e feminino na sociedade tradicional.” (Este texto está tirado da páxina http://www.folque.com/01.140415wp/tenda/seiva/o-infinito-no-pe-ribeirana/)

O libro recolle as transcricións do baile en bailegramas con deseños orixinais e inéditos do bailador e artista plástico Serxio Cobos.

A presentación será ás 19h30 e contarase coa presenza e colaboración especial da cantora mariñá Ugia Pedreira.

Exit mobile version