Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentacion oficial da nova camiseta do Ribadeo FC

Ribadeo, 3 de decembro, 2021. Este venres tivo lugar en Sargadelos a presentación oficial da camiseta Xacobeo 21-22, deseñada por Sargadelos, para o Ribadeo FC, que cumpre 108 anos de historia.

Estivo presente no acto, a Xefa Territorial de Turismo: Paloma Vázquez Fernández, o Xefe Provincial de Deportes: Manolo Cadramón e o Xefe de deseño da Firma Sargadelos: Carlos Pérez, creador da camiseta xacobeo 21-22.

Na súa intervención, tanto Paloma Vázquez como Manolo Cadramón, destacaron o compromiso da Xunta que xuntamente coa Firma Sargadelos, impulsaron ademais da camiseta, o Emma Cuervo feminino e masculino.

O acto estivo arrufado poloo grupo Sons Baradero.

O Ribadeo FC, aproveitou o acto para desexar unhas felices festas a todos os seus socios e simpatizantes, asi como o agradecemento e apoio recibido por parte da firma Sargadelos e a Xunta de Galicia.

Pola súa banda, o coordinador de deportes dos populares ribadenses, Tito Suárez apuntou que “Nós, como grupo municipal, xestionamos un orzamento para esta nova equipación diante da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, e do Xacobeo; unha iniciativa na que mesturamos a cultura e o deporte galego”

Exit mobile version