Site icon Crónica3.com A Mariña

Renovación da rede de saneamento da ponte de Lieiro

Cervo, 21 de decembro de 2021. O Concello de Cervo está a renovar a rede de saneamento na zona da ponte de Lieiro.

O rexedor Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, o concelleiro de Turismo, David Rodríguez e a concelleira de medio ambiente, Mali Méndez, desprazáronse ata a zona de actuación para supervisar as labores de reposición.

A obra pretende substituir a actual rede de saneamento, que é unha infraestrutura onde non se diferencian as augas residuais e pluviais, por unha que diferencie as canalizacións. Deste xeito evitarase que as augas pluviais discorran tamén ata a depuradora, reducindo os custos e favorecendo notablemente o rendemento da mesma. Ademais, renovaranse os tramos de pavimento afectados pola obra.

O orzamento desta actuación ascende a 47.651 euros, financiados na súa totalidade polo remanente das arcas municipais.

Apunta o rexedor Alfonso Villares: “decidimos tomar a decisión de renovar a rede de canalizacións de saneamento da ponte de Lieiro, xunto cos técnicos municipais, porque que nos vai permitir establecer un novo equipamento que logre diferenciar o tipo de augas, conseguindo unha maior eficiencia de recursos e reducindo os custos totais de xeito notable”.

Engade o alcalde que “esta actuación dará un ofrecerá unha mellora substancial na calidade de vida da nosa veciñanza e permitirá renovar unha infraestrutura indispensable no día a día”.

Exit mobile version