Site icon Crónica3.com A Mariña

15.539, 74.783 e 122.250, os números premiados cos 3 soldos de 1.200€ do CCHV

Viveiro, 4 de xaneiro, 2022. O sorteo máis esperado do Nadal de Viveiro xa ten números premiados. Recordamos que debido á situación sanitaria actual cancelouse o sorteo presencial na Praza Maior e fíxose o sorteo nas oficinas do CCHV.

Lembramos que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados. Este sorteo vai xa pola 9ª edición e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal; o ano pasado tivo que suspenderse por mor da pandemia e este ano vímonos na obriga de cambiar o formato de sorteo presencial a online, pero non por elo queremos deixar de repartir os premios.

Ó longo destes anos, ningún sorteo organizado polo CCHV quedou deserto, sempre se entregaron os premios, e nesta ocasión queremos que siga sendo así. Polo que faremos todo o posible para que aparezan 3 gañadores si ou si.

O sorteo gravouse en vídeo e publicouse en tódalas redes sociais do CCHV, enviouse a información a tódolos medios de comunicación e informouse ós negocios asociados dos números premiados para que poidan dar boa conta ós clientes, tamén se repartirán carteis cos números gañadores para colgar nas portas dos negocios e que os clientes o teñan o máis fácil posible para saber se son un dos agraciados.

O prazo é de 7 días para que aparezan os 3 gañadores, ou no seu defecto os números reserva. Senón aparece algún, volveremos a sortear, porque queremos que os premios estean nas mans dos nosos clientes, polo que recomendamos que non se tiren as papeletas ata que anunciemos que apareceron os 3 gañadores.

Os afortunados poden chamar ó 982550707 ou acercarse ata as oficinas do CCHV sitas na Rua Diaz Freijo, 3.

Foron un total de 150.000 números repartidos dende o 21 de decembro cas compras realizados só en negocios asociados ó CCHV.

RESERVAS (por este orde): 132.089 / 35.701 / 148.327

Exit mobile version