Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de inmigración, cooperación e integración organiza unha acción formativa de alfabetización de adultos para a aprendizaxe dos idiomas da comunidade galega

Burela, 12 de xaneiro de 2022. O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela vai organizar unha acción formativa de alfabetización de adultos/as para a aprendizaxe dos idiomas da comunidade galega. Terá lugar o vindeiro luns, 17 de xaneiro.

A edil Noelia Mª Ben explica que “esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo. Con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración integral”.

As persoas interesadas poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando aos seguintes números de teléfono 982 58 60 00 ou 982 58 06 09.

Exit mobile version