“Se houber intención de situar o Estatuto de Asturies dentro da democracia”, explicou, “a igualdade e os dereitos humanos aos que obrigan tratados internacionais como a Carta de dereitos civís e democráticos ou a Carta das linguas rexionais e minorizadas, o galego asturiano tamén será lingua oficial de Asturies tal e como reclamou a Real Academia Galega”. A Mesa pola Normalización Lingüísitica amosa, así, a súa coincidencia coa Real Academia Galega, que recentemente se dirixiu ao goberno asturiano para reclamar a oficialidade do galego como maneira de recoñecer e comezar a garantir dereitos para as miles de persoas que o empregan día a día malia o nulo recoñecemento legal.
“Tal e como sinalou a RAG”, rematou Maceira, “empregar unha fórmula como Eonaviego só procura facer invisíbel a existencia do galego nas comarcas lindeiras coa Galiza”. A este respecto, o presidente da Mesa alertou sobre a “perigosidade de certos argumentos para o facer que deixan ver que ser galego é algún tipo de problema ou defecto mal visto socialmente e que compre ocultar”.