Site icon Crónica3.com A Mariña

A SAREB prorroga o contrato ata 2029 ás 16 familias afectadas de Burela “grazas ás súas negociacións”, afirma o PP

Burela, 21 de xaneiro de 2022. O PP de Burela, a través do seu voceiro, Manuel Rouco, amosa a súa satisfacción pola decisión da SAREB de prorrogar o contrato ata 2029 ás 16 familias afectadas e engade que se isto foi posible, foi grazas “ao compromiso do IGVS, dependente da Xunta de Galicia, e ás negociacións do PP”. Para o popular, esta decisión pon en valor que o traballo levado a cabo polo Grupo Municipal do PP “deu o seus froitos”. De feito, indica: “este é obxectivo co que traballamos, que é que ningún veciño quedase desamparado”.

A este respecto, lamenta que o alcalde “quixese facer política de confrontación” cun asunto de “máxima sensibilidade” para estas familias, e que outros Partidos “tamén quixesen sumarse ao carro nos últimos días”.

“Dende logo a solución non veu polos gobernos do PSOE, senón pola Xunta de Galicia que, unha vez máis, demostra estar ao lado do bureleses e pola ofensiva levada a cabo polo Partido Popular, que tamén foi decisiva para o anuncio de hoxe”, afirma. Neste senso, lembra que, ademais do Grupo Municipal, o Grupo Parlamentario presentou recentemente unha iniciativa para que o Executivo de España evitase esta situación, defendendo así ás familias ameazadas de desaloxo.

“A irresponsabilidade do Goberno”, tamén no Senado
A SAREB é unha sociedade anónima na que o Estado ostenta o 45,9% do capital, polo que é o Estado o que ten toda a información e capacidade para poder intervir, mediar e resolver de forma satisfactoria estas cuestións. Sen embargo, no caso concreto de Burela o Executivo de Pedro Sánche púxose totalmente de perfil. “O seu desentendemento respecto deste asunto foi claro”, critica Rouco.

Por este motivo, os senadores lucenses -José Manuel Barreiro, Rosa Arza, Manuel Varela e Juan Serrano- demandarán ao Goberno na Cámara Alta que explique os motivos polo que “eludiu a súa responsabilidade, abandonando con elo ás 16 familias que están a sufrir unha situación tan delicada e complicada”. Neste senso, Rosa Arza adianta que “esixiremos unha explicación” e “farémolo porque non se entende que estean desaloxando aos inquilinos de vivenda cualificadas como de protección autonómica para alugar durante os próximos 25 anos”.

“É totalmente incoherente que o Goberno de España impulse unha nova Lei de vivenda, mentras que logo participa en accións especulativas como a que se plantexaba en Burela”, remarca a senadora.

Exit mobile version