Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Galicia converterá o Círculo Habanero da Devesa nunha biblioteca indiana

Ribadeo, 24 de xaneiro 2022. “A Xunta de Galicia converterá o Círculo Habanero da Devesa nunha biblioteca indiana”, afirma Daniel Vega, destacando así a aposta do Goberno galego, que permitirá por en valor o importante legado que ten a cultura emigrante para este municipio.

O voceiro popular destaca o “extraordinario traballo” que está a facer a asociación “para conservar todo este patrimonio que temos”. Neste senso, engade que esta nova actuación é consecuencia de que a administración autonómica e este colectivo “levan varios anos traballando conxuntamente, dende a conservación dos edificios, actuando nos 3 e, agora, complementando a súa oferta con este novo espazo cultural”.

Por tanto, Daniel Vega avanza que esta biblioteca converterase “no lugar no que calquera veciño e calquera visitante pode desfrutar de toda esa documentación”. “O Círculo abre as portas. Será un lugar no que formase e informase”. Isto demostra, apunta, “que volvemos a impulsar a cultura do noso concello, poñéndoa en valor e trasladándoa máis alá da nosa comarca”.

Exit mobile version