Site icon Crónica3.com A Mariña

Adiado o partido deste sábado do Pescados Rubén BFSF

Burela, 13 de xaneiro, 2022. Tras o aprazamento de Copa da Raíña da semana pasada, unha nova cita entre Universidade de Alacante e Pescados Rubén Burela FS vese posposta, nesta ocasión a xornada 13 de liga. O partido, previsto para este sábado (19.00 horas), non poderá disputarse. Así o resolveu o xuíz de Competición RFEF tras a información recibida de ambas as escuadras debido á situación Covid.

Á falta de permiso para viaxar para as galegas por parte de Sergas, posto que o persoal debe estar en vixilancia ata o sábado debido á aparición dun positivo o xoves pasado, súmase a detección doutro caso positivo nas filas alacantinas; Sanidade da Comunidade Valenciana ha decretado a corentena do resto de xogadoras ata a obtención de resultados.

Exit mobile version