Site icon Crónica3.com A Mariña

Ano novo, nova vitoria

Burela, 22 de xaniero, 2022. O Pescados Rubén Burela FS inaugurou os compromisos de 2022 cun axustado triunfo ante CD Leganés FS (2-1). As pupilas de Lucas acusaron a falta de traballo grupal durante o último mes e as ausencias, pero tamén demostraron saber sufrir para aferrarse aos tres puntos nesta penúltima xornada antes do ecuador de Primeira RFEF. O Clásico ante Futsi Atlético Navalcarnero, con duelo no cume, pechará a primeira volta (a expensas dos aprazados) en La Estación o vindeiro sábado (18.30 horas).

Miriam sacou unha boa man na primeira con perigo das galegas, con dominio e posesión, nas zapatillas de Elenita desde Emilly; aínda non se cumpriu o quinto de xogo. Cami puxo a proba á meta rival por partida dobre chegando ao ecuador da primeira parte. Leganés sumou a quinta falta con máis de oito minutos para o descanso e a falta sobre Cilene na banda provocou a ocasión de dobre penalti no 13, con sentenza de Emilly. A 99 burelista volveu dispoñer da mesma oportunidade tres minutos despois, pero Miriam sacou a perna para desbaratala. A meta madrileña respondeu á perfección pouco despois para evitar o segundo, de novo ante Emilly, nun mísil da brasileira tras recuperación de Bea Mateos. A tan só 9 segundos para recibir o descanso, Elenita mantivo a recado a vantaxe mariñá, neutralizando unha de ouro de Isa García en contragolpe e tras superar a Sandra Buzón.

Empezou caldeada a segunda parte. Jozi resolveu á perfección a falta de Patri e o pau evitou o segundo de Emilly, xa no primeiro minuto da continuación. A meta laranxa volveu frear o perigo das madrileñas pouco despois fronte a Puche. Con todo, foi a 10 do Leganés a que conseguiu empatar a contenda no 24, tras recuperación en pista laranxa e co balón morto tras a intervención de Jozi. Miriam volveu converterse no verdugo das Guerreiras, moi insistentes sobre a rede madrileña, na recuperación de Cilene servida a Lara Balseiro antes da medianía do segundo acto. Con dous minutos por diante, Bea Mateos liderou o xogo de cinco en busca dos tres puntos. Cami recuperou a iniciativa, a tan só 48 segundos da bucina, nunha diagonal de Lara Balseiro. Viviu Vista Alegre unha recta final de infarto con dobre perigo de Isa García e Bea Mateos ao pau.

As Guerreiras Laranxas e a Bomboneira celebraron a primeira vitoria do ano cantando o Feliz Aniversario a Lara Balseiro.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Sandra Buzón, Cilene, Cami, Elenita, Emilly, cinco inicial; tamén xogaron Elena Aragón, M. Cortés, Bea Mateos, Lara Balseiro, Jozi Oliveira

CD Leganés FS: Miriam, María, Puche, Patri, Natalia Orive, cinco inicial; tamén xogaron Guti, Pipi, Chuli, Isa García, Molano

Goles: 1-0, minuto 13, Emilly; 2-0, minuto 40, Cami.

Árbitras: Fraiz Catalán // Palma Menéndez. Por Burela, amarela para Elena Aragón (minuto 16).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Primeira RFEF Feminina disputado en Vista Alegre, que gardou un minuto de silencio polo falecemento do presidente do Peñíscola FS, Juan Vizcarro.

Exit mobile version