Site icon Crónica3.com A Mariña

Arde unha máquina para o corte de madeira en Burela

Burela, 22 de xaneiro, 2022. Unha máquina de grandes dimensións para o corte de madeira ardeu este mediodía nunha zona de monte do lugar de Vilar, en Burela, sen que se rexistrasen danos persoais e sen que chegase a propagarse o lume pola contorna.

Os Bombeiros de Barreiros alertaron do incendio ao 112 Galicia ao fío da unha menos dez.

Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do GES de Cervo, da Policía Local e dos axentes da Garda Civil.

Xa no lugar dos feitos, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Barreiros traballaron arreo para sufocar o incendio, coa colaboración dos efectivos do GES de Cervo, que abasteceron de auga aos Bombeiros para a completa extinción do lume e para evitar que as lapas se propagasen polo monte.

Exit mobile version