Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela FSF, segundo ano consecutivo mellor club feminino de fútbol sala do mundo, algo moi importante para a promoción do pobo, apunta Alfredo Llano

Burela, 19 de xaneiro de 2021. O alcalde, Alfredo Llano, felicita ao Burela FSF, que ven de ser recoñecido por segundo ano consecutivo como o mellor club feminino de fútbol sala do mundo nos Futsalplanet Awards.

Llano declarou que “no nome do Concello quero felicitar ás rapazas, así como ao equipo técnico e directivo do Burela FSF por este novo recoñecemento, que non deixa de ser unha ratificación do que xa conseguiron o ano pasado. Isto quere dicir que seguen a facer as cousas moi ben e que non teñen rival, non hai alternativa enfronte”.

O rexedor engadiu que “son moi merecedoras deste recoñecemento, algo que é moi importante para elas, é unha moi boa noticia para a súa fiel afección e tamén é algo destacado para Burela como pobo, pola promoción que supón que o noso nome se escoite en todo o mundo”.

Exit mobile version