Por este motivo, quere dar as grazas a todos os centros por participar nunha actividade que ten a clara vocación de poñer en valor o medio rural e unha forma de vida e de traballo, así como os produtos de proximidade e de calidade. “O noso agradecemento aos institutos Porta da Auga e Gamallo Fierros, así como a escola de capacitación agraria Pedro Murias, ao colexio público Gregorio Sanz, ao colexio concertado Sagrado Corazón e a Escola Infantil da nosa vila. Estes centros defenden unha forma de vida e de traballo que esta asociación leva defendendo máis de 25 anos”, destaca.
Explica así que produtos se compraron a A Sucadoira: pementos, tomates, berenxenas, cebolas, cabazas e cabaciñas, allo porro, cenorias, mazás e tamén pepino. Elaborouse e envasouse pisto caseiro, marmelada, pemento vermello, pemento deshidratado, pemento asado (“-quero destacar a gran calidade que ten o pemento de Piñeira-“), tomate natural, puré de cabaza e zumes de mazá e pera.
Esta primeira parte foi envasar todos estes produtos, informar e formar ao alumnado dos distintos centros educativos; a segunda parte desta actividade será visitar as explotacións, as hortas, e, xa por último, cociñar e degustar o produto. “Creo que é unha actividade moi importante, un proxecto piloto que a Consellería de Medio Rural decidiu iniciar en Ribadeo, polo tanto o noso agradecemento á consellería, á Xunta, aos GDR, á Axencia de Calidade Alimentaria (ACAL) e, sobre todo, aos centros educativos da vila, porque seguen defendo ao medio rural, que ten moito futuro”, conclùe.