Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas persoas foron excarceradas despois de colidir outros tantos coches en Abadín

Os Bombeiros de Vilalba excarceraron este luns a dúas persoas que resultaron feridas nun choque no que se viron implicados outros tantos coches en Abadín, no punto quilométrico 2 da LU-P-0107. O accidente ocorreu moi preto das cinco, á altura da parroquia de Fanoi. O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Vilalba e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Exit mobile version