Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas persoas necesitaron asistencia tras unha colisión na que se viron implicados outros tantos coches en Burela

Concretamente, o accidente produciuse no punto quilométrico 42,900 da N-642, ao fío das once e media deste luns. Foi, a esa hora, cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do sinistro. A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil, dos Bombeiros de Barreiros e do GES de Cervo.

Exit mobile version