Site icon Crónica3.com A Mariña

Efrén Castro pon en valor Sarria como lugar simbólico do Camiño na presentación da volta “O Gran Camiño” en Compostela

Lugo, 14 de xaneiro de 2022. O deputado de Deportes, Efrén Castro, participou na presentación do volta profesional a Galiza “O Gran Camiño”, que se celebrou esta tarde no Auditorio Fontán da Cidade da Cultura, en Compostela.

Tras anunciar nas últimas semana que Sarria acollerá o vindeiro 27 de febreiro a etapa lucense, o responsábel provincial asistiu este tarde ao acto de presentación oficial e conxunta das catro etapas da volta, que pretende recuperar un espazo propio para o ciclismo profesional galego no calendario internacional.

Na súa intervención, Efrén Castro sinalou que Sarria xunto todos os ingredientes para acoller o desenlace dunha proba como o Gran Camiño, pola forte paixón que sente a veciñanza polos deportes, en especial polo ciclismo, e por estar situado en pleno Camiño de Santiago.

Grazas ao Camiño, “Sarria está no seu día a día habitada por un crisol de culturas e nacionalidades de todo o mundo, exactamente igual que un pelotón UCI” polo que, valorou, “os sarriaos e sarriás estaremos encantados de acoller tanto os equipos participantes como a todas as persoas que se queiran achegar a desfrutar do desenlace desta competición”.

“A rodaxe das bicicletas sumarase aos millóns de pegadas que foron deixando os peregrinos e peregrinas ao longo da historia”, dixo para concluír convidando a todas as afeccionadas e afeccionados ao deporte a desfrutar do patrimonio, da historia, da hospitalidade e da natureza” en Sarria.

Etapa en Sarria

Sarria acollerá a cuarta e última etapa da ronda galega, unha contrarreloxo de 15,9 quilómetros e 240 metros de desnivel que trascorrerá integramente polo concello sarria, cuns primeiros quilómetros por estradas secundarias, coindicindo durante algúns tramos co Camiño de Santiago, e final no casco antigo da vila, na Rúa do Castelo.

Exit mobile version