Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os 3 premios de 1.200€ do Sorteo de Nadal do CCHV

Viveiro, 13 de xaneiro, 2022. O sorteo máis esperado do Nadal de Viveiro xa ten gañadores.

Co número 74.783 repartido na tenda de moda BMD, o premiado foi Rubén Sanchez Villarquide veciño de Xove.

Co número 122.250 repartido no Laboratorio Dental Anferbadent, a premiada foi Montse Ramil Gonzalez veciña de Celeiro.

Co número 132.089 (primeiro número das reservas) repartido en Panadería Giz, o premiado foi Jose Luis Martinez Fernandez veciño de Escourido.

Lembramos que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciado

Dende o CCHV queremos dar a noraboa ós gañadores, e agradecer a tódolos clientes que estiveron pendentes do sorteo, nos chamaron, enviaron mensaxes ou se acercaron ata a oficina, que fixeron que un ano máis o noso sorteo do Nadal fose un éxito de participación (aínda que houbese que cancelar o sorteo presencial na Praza Maior). Pero sobre todo, gracias por apostar un ano máis polas compras no comercio local.

Exit mobile version