Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito de participación no curso de soldadura mig mag, que Apaga impartiu nas súas instalacións de Ribadeo esta pasada fin de semana

Ribadeo, 31 de xaneiro de 2022. Éxito de participación no curso de soldadura mig mag, que Apaga impartiu nas súas instalacións de Ribadeo esta pasada fin de semana, os días 29 e 30 de xaneiro.

Así arrincaba o novo plan de formación da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia baseado na Aula Invertida. O presidente da asociación, Álvaro Doural, subliña que “deste xeito o alumnado aproveita mellor o tempo e o nivel de coñecemento dos participantes será bastante maior”. O alumnado realiza as clases teóricas desde a súa casa e as prácticas son as que se desenvolven de xeito presencial durante a fin de semana.

O vindeiro curso que se impartirá por parte de Apaga é o de motores, que terá unha duración de 20 horas. As prácticas realizaranse os días 12, 13, 19 e 20 de febreiro.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse aos teléfonos: 639 88 49 45 ou 629 09 67 11 e tamén a través do correo electrónico apagaribadeo@gmail.com

Exit mobile version