Site icon Crónica3.com A Mariña

Miñones destaca que as novas balizas intelixentes da DXT reducirán nun 78% os peches ao tráfico da A8 ao paso por O Fiouco

Abadín, 25 de xaneiro de 2022. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe que as novas balizas intelixentes que instalou a Dirección Xeral de Tráfico no tramo Mondoñedo-Abadín da Autovía do Cantábrico reducirán nun 78% o peche ao tráfico de O Fiouco por impacto da néboa. “Con estas nuevas balizas de cada cuatro veces que la autovía ha estado cerrada en estos años por niebla pasaremos a solo una”, explicou, ao que engadiu que se trata dun sistema pioneiro nas vías de toda Europa e que poderá ser extrapolable a outras situacións análogas.

José Miñones presentou hoxe en Abadín o novo sistema, no que a DXT-Ministerio do Interior investiu 873.127,15 euros e que se executou nestes últimos meses. Á presentación asistiron a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o subdirector xeral de Movilidade e Tecnoloxía da DXT, Javier Ordás, ademais de responsables de Tráfico en Galicia e da Agrupación de Tráfico da Garda Civil.

Sistema de balizas

O delegado lembrou que, agora, cando se alcanzan os 40 metros de limiar mínimo de visibilidade, o Centro de Xestión de Tráfico desvía automaticamente a circulación cara á N-634 desde a saída da Xesta ata Mondoñedo. “Con las balizas nuevas operativas, este umbral mínimo de visibilidad pasa a 30 metros, lo que incrementa significativamente el tiempo operativo de la vía”.

Segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico, desde setembro de 2014, a novembro de 2021, a autovía permaneceu pechada neste tramo durante 3.281 horas. Coas novas balizas operativas, a afección reduciríase a 722 horas.

O sistema consta de 372 balizas nas marxes externas en sentido ascendente e descendente e separadas 50 metros entre si.

As balizas detectoras consisten nun corpo físico con dúas xanelas, a da parte inferior con leds ámbar e a superior con leds vermello, sobre un poste de 1,50 metros sobre a calzada.

Os bloques de luces leds ámbar e vermello que se van acendendo conforme pasan os coches, para advertir aos que veñen detrás á vez que sinalizan as marxes da vía. Así se sinaliza non só a vía senón tamén a presenza doutros vehículos na mesma.

Seguridade na autovía

O delegado do Goberno insistiu hoxe na aposta do Goberno de España por facer da autovía do Cantábrico unha vía segura e aberta totalmente ao tráfico combinando as innovacións en seguridade viaria coa implementación das solucións experimentais de apoio á condución e de miniminación das néboas: “unas soluciones marcadas por un denominador común: la innovación”, insistiu.

Así, lembrou que desde o ano 2015 o Goberno investiu 10 millóns de euros en diferentes melloras da seguridade viaria neste tramo. O Ministerio do Interior, a través da DXT, investiu 4,4 millóns de euros en diferentes sistemas de axuda á condución e seguridade viaria, como o sistema automático de desvío, sensores meteorolóxicos, balizas led, pantallas de visualización, etc.

A este investimento hai que sumar os 5,6 millóns do Ministerio de Transportes, para o desenvolvemento de medidas de axuda á condución e dispersión da néboa a traves do proceso de compra pública precomercial. José Miñones lembrou que nestes momentos o Ministerio atópase na fase de avaliación dos prototipos que se probaron o ano pasado sobre o terreo e cuxas probas finalizaron o pasado decembro.

Concluíu que a unión destas medidas coas solucións técnicas que determine o Ministerio de Transportes, “no solo reducirá los cierres sino que, cuando haya niebla, los conductores y conductoras podrán disponer de más referencias para tener una travesía más segura”, explicou o delegado.

Exit mobile version