Site icon Crónica3.com A Mariña

Monseñor García Cadiñanos visita o Martínez Otero

Foz, 21 de xaneiro, 2021. Este venres o Colexio Martínez Otero de Foz recibiu con ilusión a visita do Sr. Bispo da diócese Mondoñedo-Ferrol, Mons. Fernando García Cadiñanos. Na súa visita percorreu todas as instalacións do centro educativo, deténdose a falar cos distintos membros que conforman a familia do colexio: profesorado, persoal de administración e servizos e alumnado das diferentes etapas.

Moi cordial e cercano en todo momento, comparteu coas cociñeiras un anaco de empanada galega. Interesouse persoalmente pola historia da Fundación Martínez Otero e por todos os proxectos futuros do colexio, expresando os parabéns polo traballo que se está levando a cabo.

Exit mobile version