Site icon Crónica3.com A Mariña

O Certame de Poesía Infantil “Nadal 2021” na fase local de Viveiro xa ten premiados

Viveiro, 14 de xaneiro de 2021. O Concello de Viveiro informa da resolución do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2021” na súa fase local. O concurso está organizado a nivel provincial pola Biblioteca Pública de Lugo, con edición locais nos distintos municipios previas á fase final provincial.

Nesta edición, Viveiro contou con participantes na categoría B, que inclúe a nenos/as de 9 a 12 anos. Os textos gañadores son os de Marta García Vale, do centro de ensino Landro; o de Daniel Míguez González, do CEIP de Covas e o de Blanca Loureiro Valledor, do CEP Lois Tobío.

Ademais, concedéronse tres accésits recoñecendo os textos de Inés Mariño Gómez, Nereida Pereira Louzao e David Güeto Diéguez.

A entrega de premios desta fase local do certame celebrarase o sábado 29 de xaneiro ás 13:00, na Biblioteca Municipal de Viveiro.

Os traballos premiados nesta fase local no concello de Viveiro enviaranse ao certame provincial, no que o xurado escollerá os mellores textos entre os poemas enviados polos nenos/as de toda a provincia de Lugo.

O xurado, que decidiu os textos gañadores, estivo formado por Amadora Taracido Lago, Covadonga Dopico Cachán, Ana María Fernández-Noriega Fernández e Lara Fernández Fernández-Noriega.

“Agradecemos a motivación de todos os xóvenes escritores e escritoras que nos enviaron os seus textos, así como a implicación do profesorado para que a mocidade participe na Cultura”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

Exit mobile version