A Homo Faber Guide é un plan integrado na Michelangelo Foundation que pretende preservar e enaltecer a artesanía e potenciar as súas comunicacións a nivel internacional.
Cao ten o seu taller de forxa artística e escultura de metal na antiga nave de fundición de Sargadelos, que data do século XVII. Este espazo, que foi restaurado no ano 2017, foi cedido polo Concello de Cervo no ano 2020.
A nave forma parte do Centro de Emprendemento de Sargadelos, que na actualidade conta con outros seis establecementos máis de artesanía: Serea Surfboards, Pasiños na Lúa, Cabaliño de Pao, Enigma, A Sacabeira e Marmeladas A Morena.
O rexedor, xunto cos concelleiros, quixeron achegarse ao taller do artesán e darlle os parabéns polo seu nomeamento. Declarou que “este recoñecemento anímanos a seguir apostando polos proxectos de emprendemento locais, ofrecéndolles a posibilidade de poder realizar a súa actividade a un prezo asumible, e á vez conseguimos revitalizar un enclave cun gran valor patrimonial, histórico e arquitectónico dentro do noso municipio”.
Ademais quixo engadir que “unha distinción deste calibre seguro que supón un pulo tanto para Telmo e a súa forxa, como para o resto de establecementos que conforman o Centro de Emprendemento de Sargadelos”.