Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pídelle ao goberno local “que se deixe de demagoxia e que traballe para dar solución ao problema do céspede do Pepe Barrera”

Ribadeo, 28 de xaneiro 2022. Tito Suárez, responsable de deportes dos populares ribadenses, pídelle ao goberno local do BNG “traballo” e non “mentiras aos ribadenses, amezas ás entidades deportivas nin insultos á oposición”.

“O problema do Pepe Barrera xa sabemos cal é: o céspede”, indica o popular que engade que “á vista está despois das fotos sacadas o día 27 de xaneiro de 2022 arredor das doce da mañá”, explica.

Nese sentido, Tito Suárez considera que “o goberno local o que ten que facer é gobernar, solucionar o problema e para iso teñen que poñerse a traballar”.

O popular pídelle ao goberno do BNG que se deixe de “demagoxia”; que “non saquen fotos dende o alto, senón que pisen o terreo de xogo para saber como está”, incide.

Exit mobile version