Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas levan ao Parlamento o desmantelamento do centro sanitario de Viveiro

Viveiro, 18 de xaneiro de 2022. A Deputada Autonomica do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero, rexistrou unha bateria de iniciativas parlamentarias para reclamar ao PP, dotar dos medios humanos, materiais necesarios e suficientes ao centro de saúde de Viveiro, para que teña a capacidade asistencial que ten asignada e recupere os servizos que foron suprimidos ou mermados nos últimos tempos.

Asi o dixo tras manter unha xuntanza de traballo coa Alcaldesa de Viveiro, Maria Loureuro, na que analaizaron as o desmantelamento sanitaria que sofre a vila. Advirten que “este centro chegou a tal punto tan caótico que durante varios días chegou a contar só cun único médico, para atender a case 16.000 veciños e veciñas”.

Otero denuncia que “dende hai moitos anos tanto dende o Concello de Viveiro, como os profesionais sanitarios e os usuarios, levan denunciando a falla de medios humanos e materiais, e solicitanto que se cubran as baixas para ter unha atención primaria de calidade. E ademais, tamén reclaman melloras para os profesionais sanitarios, xa que en moitos momentos teñen que atender unha media diaria de 90 a 100 pacientes”.

Agora, en plena sexta ola da covid-19, este centro atópase nunha situación caótica. Na semana pasada chegaron a faltar 3 dos 7 médicos da quenda da mañá, o que implicou entre outros problemas, a que se chegasen a aprazar moitísimas citas e que como denunciou algún paciente en prensa …. “ O problema máis gordo é que non te avisan, sábelo cando chegas ao centro de saúde despois de desprazarte”. Ademais os usuarios están tardando ata 16 días para conseguir citas médicas.

Recortes no centro de saúde de Viveiro dende fai 12 anos
O desmantelamento dos servizos de Atención Primaria no concello de Viveiro véñense padecendo e denunciando dende hai moitos anos. O centro de saúde e o PAC de Viveiro sofren dende hai moito tempo os 12 anos de recortes na sanidade por parte do PP. O centro de saúde de Viveiro, como tantos outros da provincia de Lugo e do resto de Galicia son o exemplo do ataque, que a Xunta de Galicia, fai cara á Atención Primaria, base do sistema asistencial para construír unha sanidade próxima e de calidade.

Non é un problema puntual
Só poñer algúns exemplos da falla de médicos deste centro de saúde que demostran que se trata dun problema estrutural e non puntual:

-No verán do ano 2018, moitos dos pacientes da quenda de tarde quedaban sen atender por faltas de médicos neste centro de saúde, xa que dos tres médicos que traballan nesa quenda en moitas ocasións só había un. Ademais na quenda da mañá, sen cubrir todo o verán dúas prazas de médicos. O que amosa unha política irresponsable de non cubrir o persoal.

-A finais de 2019 os pacientes denunciaban que tardaban semanas en coñecer os resultados de probas e analíticas posto que, aínda que tiñan citas concertadas, non había médicos substitutos e as mesmas citas eran anuladas.

-Ao longo de 2021 foron numerosas as ocasións en que dos 7 médicos da quenda da mañá só había dous nesta quenda e outro para as urxencias. Ao longo do verán, na quenda de tarde, que conta con tres médicos, houbo días en que non había ningún persoal facultativo.

Exit mobile version