Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas lucenses remarcan o investimento de 3.900M€ en políticas de vivenda

Lugo, 24 de Xaneiro de 2022. Os deputados lucenses no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro xunto ao senador César Mogo valoraron hoxe o investimento de 3.900 millóns de euros adicados á politicas de vivenda impulsadas polo Goberno de Pedro Sanchez. Asi si o fixeron trala aprobación no último Consello de Ministros de dúas medidas importantes en materia de vivenda e que benefician especialmente á mocidade. Por unha banda, o Bono de Aluguer Xuvenil, e por outra, o Plan Estatal de Vivenda 2022-2025.

Os socialistas lucenses afirman que estas medidas supoñen unha axuda para os colectivos vulnerables, e sobre todo, para aos máis mozos. Sinalan que o Plan de Vivenda 2022-2025 recolle medidas dirixidas ás situacións máis vulnerables: como por exemplo persoas sen fogar, afectadas por desafiuzamentos ou que viven en precariedade. Neste último asunto, o Goberno marcouse o ambicioso obxectivo de acabar co chabolismo en España.

Por outra banda, o paquete de medidas tamén inclúe o aluguer e compra de vivenda nos concellos de menos de 10.000 habitantes para loitar contra o despoboamento, ademais do impago do seguro de aluguer que garante ao propietario o cobro do aluguer correspondente a unha anualidade e alivia aos inquilinos expostos a dificultades económicas inesperadas.

“A outra medida aprobada, o Bono de Aluguer Xuvenil, contempla unha axuda de 250 euros mensuais durante dous anos. Entre os requisitos para ser beneficiario figuran ter uns ingresos inferiores ao triplo do IPREM e un prezo de aluguer que non supere os 600, podendo ascender esta cantidade nalgúns casos ata os 900 euros”, sinalan os socialistas.

Os socialistas convidan aos mozos e mozas lucenses a solicitar o bono estatal para o acceso a vivenda, que beneficia a todos os contratos realizados a partir do 1 de xaneiro de 2022. “Con eles, insistimos, demóstrase a sensibilidade social do Goberno de Pedro Sánchez, xa que con estas medidas facemos fronte á crise económica e as problemas dos cidadáns. Por iso é preciso advertir dos 475 millóns asignados nos últimos orzamentos do Goberno do PP de Rajoy, aos 3.900 millóns das contas deste ano. Estamos diante da partida máis grande destinada á vivenda da historia de España”, argumentan.

Exit mobile version