Site icon Crónica3.com A Mariña

Reunión da Plataforma ‘Eólicos na Mariña, así non’ este sábado en Foz

A Plataforma Eólicos na Mariña así Non, ten convocada unha asamblea o sábado día 29 de xaneiro ás 20h na Casa da Cultura de Foz. Na reunión informarase das novas respecto aos proxectos de macroparques na Mariña e decidiranse novas accións ao respecto. Así mesmo, haberá información sobre a campaña ‘Salvemos las Reservas de la Biosfer’ que ten en marcha Alianza Energía y Territorio a nivel estatal na que a Plataforma vai participar.

Exit mobile version