Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de Burela acolle este sábado a actuación de Kátarsis Educación e Teatro co espectáculo infantil ‘Pa cama’

Burela, 4 de febreiro, 2022. A Compañía Artística KATARSIS visitará Burela da man da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia e da AGADIC dentro da Programación Cultural que a Delegación Municipal de Cultura preparou, para todos os nenos e nenas, neste primeiro semestre do ano. A función terá lugar ás 18:00 horas e o prezo das entradas,( na taquilla do propio auditorio media hora antes da función), será de 2.5 euros.

Katarsis foi fundada no ano 2006 por Kevin Stewart e Carolina Ramos. Nace como compañía artística e institución educativa, cunha visión internacional que garantiza a súa sostenibilidade na realidade cultural e empresarial nacional.
Katarsis constitúese en base a 4 pilares: producción, distribución, xestión e educación. Os espectáculos son coñecidos internacionalmente tendo feitas xiras por Irlanda, Dinamarca, Italia, Francia, Rumanía, Canadá, …
Katarsis é un punto de encontro e conexión entre os mundos do teatro e a educación, comprometida a renovar e fomentar a aprendizaxe a través do teatro e con alianzas estratéxicas a nivel nacional e internacional.
Katarsis fai unha labor educativa en centros escolares por toda Galicia dende escolas infantís ata universidades, e imparte obradoiros de formación a mestres e artistas .

O ESPECTÁCULO:

Qué é Pacama?

Un espectáculo NON VERBAL , unha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren unhas aventuras que lles distrae do sono. A súa predisposición e inxenuidade lévaos a atopar diversión no máis sinxelo, en todo o que lles rodea, no marco dun ambente tan acolledor coma un dormitorio. Un xogo leva a outro, dende unha pelota ata unhas almofadas que fan de ás para voar, pasando polas sabas axitándose no aire, a toalla enrolándose e desenrolándose, a luz apagándose e acendéndose , e uns pequenos monicreques en forma de ollos que se bican.
Un espectáculo no verbal que se desenvolve coma se fora unha coreografía de danza seguindo o fio dunha banda de son orixinal en función do movemento e das emocións das personaxes. O uso de instrumentos de vento e a gaita irlandesa axudan a que a obra manteña un clima acolledor e de soño, onde a fantasía e a imaxinación son as claves para a acción.

Ficha:

Autor:Kevin Stewart e Carolina Ramos.
Dirección: Omar Álvarez e Kevin Stewart.
Clasificación: Teatro/ Xestual.
Público: Infantil ata 5 anos.
Actores: Estíbaliz Veiga e Kevin Stewart.

Exit mobile version