Site icon Crónica3.com A Mariña

A casa da cultura de Burela inaugura este venres unha nova exposición baseada no folklore galego, baixo o nome de Gromo

Burela, 2 de febreiro, 2022. A exposición dará inicio o venres 4 de febreiro e poderá ser vista durante todo o mes na sala de arte da Casa da Cultura de Burela. O horario de visita será o habitual, de luns a venres de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.

Acerca da exposición:
Gromo é un proxecto artístico composto por diversas obras que teñen como eixo central á mitoloxía e paisaxes galegas.

O noso folklore sempre serviu para representar os medos e frustracións da sociedade galega, neste caso revivimos estes mitos para simbolizar as preocupacións máis contemporáneas.

Galicia conta cun folklore tan extenso e rico coma as súas terras, pero hoxe en día estase a desvanecer pola perda da súa tradición oral. O obxectivo de Gromo é achegar de novo as historias que inundaron os nosos pobos á súa xente, dándoo a coñecer ás novas xeracións por medio da súa linguaxe artística.

Exit mobile version