Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comunidade Educativa do CEIP San Cosme de Barreiros aborda o vindeiro curso con enerxías renovadas

Barreiros, 15 de febreiro, 2022. Este curso a nova directiva xunto co equipo docente queren impulsar e dinamizar o colexio nunha aposta pola calidade educativa.

Até o de agora o colexio xa contaba con multitude de servizos como : servizo de comedor e transporte escolar entre as parroquias e mesmo a posibilidade de ampliar a xornada ás 17:30 para aquelas familias que o precisaran.

De igual maneira, ofrécese actividades extraescolares para as nenas e nenos como cociña, inglés, mecanografía e informática e a posta en marcha dun proxecto musicosocial novidoso “sinfónico no rural” coa creación dunha orquestra e a posibilidade de elixir especialidades como:violín, viola e cello (Cedidos pola Fundación Xesús Bal e Gay).

Asemade o colexio participa doutros proxectos de calidade como o Proxecto Voz Natura no que realízanse multitude de actividades dirixidas a traballar a educación e conciencia medioambiental entre o alumnado tan necesario nestes tempos de crise climática. Outro exemplo sería o Proxecto Plambe que vai destinado a pór en práctica medidas para o fomento lector e mellorar as competencias lectoras das nenas e nenos do colexio.

O proxecto Edixgal é un referente no que a Educación Dixital se refire, permitindo aos alumnos/as contar cun entorno virtual de aprendizaxe onde ter acceso aos contidos dixitais e as actividades expresamente elaboradas para o seu nivel.

O máis importante a sinalar é que a educación neste colexio é de gran calidade non tanto polos recursos que ofrece senón pola educación tan individualizada que pode ofrecer aos seus alumnos e alumnas. Os/as docentes docentes parten de materiais específicos para cada curso pero o apoio para adaptar a materia ao ritmo dos nenos/a só é posible se partimos dun marco educativo como o que ofrece o Colexio de San Cosme.

A calidade dun colexio non se pode medir polo rápido que se imparten os coñecementos ou pola celeridade no que os seus alumnos aprenden a ler, a calidade mídese no grao de adaptación que ten a educación a ese alumno e alumna en concreto e iso só se pode facer dende un centro como este.

Cada día observamos a necesidade dunha educación emocional nos nosos nenos e nenas e un crecente aumento de conflictos nas aulas pola masificación e a confluencia de factores externos que veñen ás aulas con eses nenos e nenas.

O marco dende o cal nos situamos permítenos afirmar que temos un porcentaxe de conflictos entre o alumnado baixo e casi inexistente debido ás relacións que se establecen entre o alumnado de todos os cursos. Aumentar a convivencia implica relacionarse e “facer grupo” non só cos compañeiros da túa aula senón tamén con aqueles doutros niveis educativos e isto é sen lugar a dúbidas é un dos aspectos que máis inflúen na ausencia de conflictos.

No colexio comparten clase nenos e nenas de diferentes niveis educativos que lonxe de empeorar a calidade da ensinanza fai que está sexa máis rica e diversa. O traballo por grupos cooperativos a creación de proxectos conxuntos e o apoio entre alumnos enriquece e dinamiza as aulas pola súa característica principal que é a heteroxeneidade de idades que nelas atopamos.

O nivel dos nenos e nenas que saen do colexio (entendendo como nivel de coñecementos teóricos adquiridos) é alto grazas ao ritmo que se pode levar nas clases e máis ao aprendizaxe individualizado na práctica diaria.

Este curso a nova directiva asume un reto máis que é dar a coñecer a realidade do colexio e o que pode aportar a tantas familias que buscan calidade, cercanía, comunicación e por riba de todo tranquilidade.

Exit mobile version