Site icon Crónica3.com A Mariña

Alin Cristian López Esteban, de Barreiros, é o gañador do 8º Concurso de Cartas de Amor, que convocou a galería Terra Branca

Ribadeo, 15 de febreiro de 2022. Un barreirense de 29 anos, Alin Cristian López Esteban, é o gañador do 8º Concurso de Cartas de Amor, que convocou a galería ribadense Terra Branca con motivo da celebración do Día de San Valentín.

A carta titúlase Sinceridade e o seu autor é membro da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña.

José Ramón Leal, propietario de Terra Branca e membro do xurado, destacou que “en este 2022 recibimos casi 60 cartas llegadas desde diferentes puntos de España. Nos encantó la carta de Alin Cristian López Esteban, de ahí que haya sido el ganador de la octava edición del concurso. Nos gustaría resaltar la labor de visibilidad e integración que hace la Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña con todos sus miembros”.

O premio, unha figura do ceramista vivairense Alfonso Otero Regal, seralle entregado nos vindeiros días.

O xurado, formado pola artista Mariángel Leal, a fotógrafa Isabel Buján e polo director de Terra Branca, José Ramón Leal, quixo subliñar “la calidad de todas las cartas que hemos recibido en este 2022, al igual que en las ediciones pasadas. Agradecemos a todas y todos su participación y los animamos a seguir escribiendo al amor en nuestro próximo concurso, que será el año que viene”.

Exit mobile version