Este programa é subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Ten por obxecto a mellora da ocupabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral dos 100 participantes en situación de desemprego dentro dos seguintes colectivos: persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificados e maiores de 45 anos. A consecución do obxectivo lograrase mediante a posta en marcha de accións de información, orientación, asesoramento, formación, prospección de empresas e intermediación laboral.
Este programa, promovido polo Concello de Mondoñedo, conta cun financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade de 250.000 euros e cun cofinanciamento de 32.198,89 euros dos propios concellos.