Site icon Crónica3.com A Mariña

As confrarías galegas manifestan o seu pesar polo accidente do Vila de Pitanxo

O mar é duro, o mar é traicioneiro, o mar é un medio hostil no que hai que traballar para abastecer de alimento á poboación, é a nosa forma de vida, o mar é fermoso pero hoxe temos o corazón enrugado polos compañeiros do Villa de Pitanxo. Calquera accidente nos trae á memoria accidentes anteriores que rememoramos con mágoa profunda; a xente do mar sabemos o que é vivir loitando contra a marea e os nosos pensamentos están estes días cos afectados e coas familias nunha sentida aperta de dor. As bandeiras da Federación galega de Confrarías permanecerán abrazadas cun lazo negro en memoria dos mariñeiros e en memoria das súas familias.

Exit mobile version