Site icon Crónica3.com A Mariña

Concello e Acia Burela animan a participar nas actividades do Entroido

Burela, 23 de febreiro de 2022. Concello e Acia Burela animan á veciñanza a participar no Entroido.

Hoxe reuníronse o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Festexos, Toñi Eijo, con directivos de Acia Burela, que colabora co Concello doando parte do valor dos premios do desfile.

Concello e Acia Burela animan á xente a que participe e goce das distintas actividades que se organizan para celebrar o Entroido.

O Entroido burelés arrincará o venres, 25 de febreiro, coa celebración do xogo Busca do Tesouro, que sairá da praza de abastos ás 19:00 horas. Está organizado polo Grupo de Participación Adolescente e a inscrición previa pódese facer no teléfono 676 816 090 ou en info@branqueasociacioncurtural.com. Os grupos terán un máximo de cinco persoas, que deberán ir disfrazadas e os menores de 12 anos terán que ir acompañados de adultos.
O domingo, 27 de febreiro, celebrarase o Desfile de Carnaval que comezará ás 17:00 horas na rúa do Ril para rematar na Praza do Concello. As inscricións pódense facer na Casa da Xuventude ata o 25 de febreiro nos teléfonos 982 581 141 e 647 136 673 ou en casaxuventudede@burela.org. Tamén poderán anotarse o día do desfile ata as 15:30 horas no local de Ledicia. En total vanse repartir 2.200 euros en premios.

O 28 de febreiro terá lugar un Obradoiro de Cociña na praza de abastos ás 16:00, 17:45 e 18:30 horas. As prazas son limitadas e as inscricións previas pódense facer no teléfono 647 136 673.

O 1 de marzo celebrarase o Día do Nen@ ás 16:30 horas na Praza do Concello, onde haberá inchables, pintacaras, xogos, música, desfile e premios.

A programación do Entroido 2022 en Burela rematará o 2 de marzo co Enterro da Sardiña, que dará comezo ás 20:00 horas con saída do Poeta para rematar no Penoural.

Exit mobile version