Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito de público nas actuacións ofrecidas pola contacontos Paula Carballeira en Ove e Vilaframil, dentro do ciclo Cultura nas Parroquias

Ribadeo, 21 de febreiro de 2022. Éxito de público nas actuacións ofrecidas pola contacontos Paula Carballeira esta fin de semana en Ove e en Vilaframil. A actividade enmárcase no ciclo Cultura nas Parroquias.

Desde a Concellaría de Cultura apuntan que “houbo un tempo en que botar un conto facía parte da vida cotiá do pobo galego, coma do resto das do mundo.Cando ese hábito esmoreceu houbo quen o rescatou das cociñas e lareiras e o levou aos escenarios. No noso país xurdiron excelentes contadores e contadoras como Quico Cadaval, Raquel Queizás, Cándido Pazó, Celso F. Sanmartín ou Paula Carballeira”.

Paula Carballeira foi precisamente quen estivo esta fin de semana nas escolas de Ove e Vilaframil e a finais do mes de marzo actuará para as veciñas e veciños de Covelas e Couxela.

Con estes dous eventos comezou con moito éxito de público o ciclo Cultura nas Parroquias “que pretende chegar polo ano adiante e con diferentes propostas a todas as parroquias do rural ribadenses”.

Exit mobile version