Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Risco presenta este venres en Burela ‘Bravas’

Burela, 8 de febreiro, 2022. Dentro da Programación Cultural da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia a través da AGADIC a Delegación Municipal de Cultura achéga a Burela o vindeiro venres, 11 de febreiro, ás 21 horas, a nova proposta teatral de Isabel Risco “Bravas”.

Isabel Risco protagoniza Bravas, o seu segundo espectáculo unipersonal, no que nos ofrece a súa visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada.

Bravas é unha produción teatral sobre mulleres sen medo, Mulleres que paren, amamantan, manteñen, constrúen cós alicercer da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade.

Isabel Risco proponnos un xogo desde o teatro cómico e comprometido. Alegre e combativa, porque entende que se non podemos bailar, se non é divertíndonos, tampouco é a nosa revolución. Así, con este espectáculo pretende ademais reivindicar o humor das mulleres, que ofrece unha perspectiva única, plural, diversa, poliédrica e tan necesaria da realidade.

Bravas fai un repaso histórico pola era, desde a época castrexa ata o século XXIII. Unha viaxe no tempo con paradas en diversas estacións, reparando nas pequenas e grandes historias protagonizadas polas nosas mulleres. Isabel Risco ponse na pel dunha muller do rural galego de finais do século XVII, dunha muller en loita en plena revolución industrial, dunha galega do século XXII … Mulleres do noso pasado, do noso presente e , tamén , do noso futuro. E todo isto pasado polo filtro, sempre cómico, sempre sorprendente desta actric sen idgual.

Traxectoria:

Isabel Risco , actriz, clown e pedagoga teatral.
Formase con mestres como Eric de Bont, Jango Edwars, John Wright, Leo Bassi, Serge Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, etc..
Dende o ano 2000 participa en espectáculos profesionais nas compañías Espeño Cóncavo, Os sete magníficos máis un, Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas, coas que ten participado nalgúns festivais de teatro e clown máis importantes da península, ademais de na compañía Maquina Pesada, cun espectáculo de producción propia: As Vingadoras.
No ámbito audivisual , traballa como actric secundaria e portagonista en series como Padre Casares, A vida por diante, O Nordés ou Air Galicia, e outros programas da TVG como O show dos Tonechos, En Pé de Festa, Land Rober e Tourilandia; ademais de realizar curtas, publicidade e algunha longametraxe, como Os mortos van de présa, Onde está a felicidade?, ou 9 Ondas.

As entradas para a función estarán na taquilla do propio teatro a partir das 20:30 horas . O prezo será de 3 euros.

Exit mobile version